domingo, 25 de marzo de 2012

Pucho de Trasno

Hoxe vou falar dunha labor moi especial, o pucho de trasno. Moi especial porque o seu destino foi darlle abrigo a unha nena, O., filla da miña amiga Ulla, e despóis foi reinventado para o fillo da amiga María (si, a compañeira de docecalceta), M., aínda que ten moito máis éxito canda o seu irmán S. Pero xa sabemos os nenos e os puchos, grandes amigos, ou non! De tódolos xeitos calcetar para os máis pequenos da casa sempre é doado, e moi rápido.
O patrón saqueino dunha das revistas de Susie Johns en concreto da de labores de calceta para bebés de 0 a 3 anos. Ela chamoulle chunky hat en inglés, e aínda que modifiquei a lá mantiven o patrón calcetando a medida máis pequena. Velaí fican as instruccións traducidas.

O. no zoo co pucho de trasno en vermello

PATRÓN PUCHO DE TRASNO

:1x100g. Top Merino Lanas Stop ou
2x50g. Rowan Felted Tweed Chunky
Agullas: Rectas, 2 pares un do 5.50 mm. e outro de 7.00 mm.
Medidas: 12 meses (18:2 anos:3 a.)
Dimensións: 44(47:49.5:53) cm. 
Mostra de pontos: 13 pontos e 17 pasadas (10x10 cm.)
Dificultade: Iniciación

Coas agullas de 5.50 mm. montamos 56(60:64:68) pontos. Facemos a ponto elástico (un ponto do dereito e outro do revés) un total de 8(8:10:10) pasadas.
Trocamos as agullas polas de 7.00 mm. e continuamos a ponto liso (unha pasada do dereito e outra como se presentan os pontos ou de revés) ata un total de 22(24:25:26) pasadas. Pechamos os pontos e tallamos o fío da lá.

Cosemos con tres agullas a costura traseira do gorro e despóis a costura superior con agulla de coser lá. Para face-los pompóns aroiamos a lá en catro dedos unhas dez veces. Tallamos por dous lados de xeito que fiquen uns vinte pedazos de lá da mesma lonxitude e atamos os fíos cun pedazo de lá pola metade. Repetimos a operación para o outro pompón. Cosemos nos extremos.



Versión pucho bi-color de M.
E xa temos o pucho listo para pasa-lo inverno. :)

Isto foi todo por hoxe, a vindeira reunión será en Montrove o martes día 27 de marzo. E recordade que como di a canción "all you knit is love" ou "todo o que calcetas é amor"












No hay comentarios:

Publicar un comentario